Gramáticas e manuais

As Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas pola Real Academia Galega en 2003, constitúen o modelo normativo ao alcance de todos os ámbitos do seu uso social: nos medios de comunicación, no ensino, na Administración…

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña elaborou este Recordatorio das modificacións das normas ortográficas para simplificar o estudo dos últimos cambios normativos: Recordatorio_normas

Didáctica da lingua

Aprender galego Esta páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística dispón, na sección de autoaprendizaxe, de materiais para preparar os Celga, cursos interactivos, cursos para alumnado procedente do estranxeiro…

Materiais en liña de linguaxes específicas. Esta sección da Secretaría Xeral de Política Lingüística recompila manuais, modelos de documentos administrativos e xurídicos así como cursos en liña destas linguaxes específicas. Están concibidos para axudarlle ao persoal da Administración, ou a calquera persoa interesada, a elaborar escritos de calidade e mellorar a canle comunicativa.

Galego en liña A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo desenvolveu esta páxina que inclúe información sobre ortografía, gramática e estilo da lingua galega.

Manual básico de documentación administrativa e xurídica  Este manual da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Escola Galega de Administración Pública contén modelos de documentos administrativos e xurídicos para quen teña interese en poñerse ao día na comunicación escrita nestes ámbitos e mellorar tanto nos aspectos lingüísticos como nos ortotipográficos.

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala Manual práctico editado pola Escola Galega de Administración Pública para traballar o estilo, a escolla léxica e a construción dos parágrafos e frases dos textos administrativos.

Habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral. Este manual pode servirnos para mellorar e adquirir máis seguridade á hora de comunicarnos en galego no ámbito laboral.

Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia. Regula a edición electrónica das publicacións que se envían a este diario oficial. En calquera caso, estas pautas de estilo poden axudarnos a elaborar textos escritos de máis calidade.

Loia  Guía aberta á lingua galega. Neste proxecto do Consello da Cultura Galega podemos atopar, ademais doutros recursos, nocións de gramática.