Dicionarios e léxicos

http://www.realacademiagalega.org/dicionario Este Dicionario da Real Academia Galega estabelece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Ademais da ortografía normalizada das palabras e o seu significado, podemos atopar como se pronuncian, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.

Dicionario de pronuncia da lingua galega  Ferramenta en liña que propón un modelo de pronuncia estándar para o galego. Conta cun buscador no que se poden introducir palabras ou cadeas de caracteres. A páxina de resultados presenta a forma, a categoría gramatical, a transcrición e o arquivo de voz.

www.digalego.com Dicionario normativo de Ir Indo Edicións. Contén a etimoloxía e a equivalencia en portugués, castelá e inglés, ademais de sinónimos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos. Incorpora a tecnoloxía wap para acceder desde o móbil a través do enlace wap.digalego.com.

http://www.xunta.es/linguagalega/dicionarios_e_lexicos2  A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrece referencias, novidades e outros recursos terminolóxicos, que existen na rede, distribuídos por campos temáticos.

http://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/andel-term_SNL.html O andel de traballos terminolóxicos da USC recompila os vocabularios e glosarios terminolóxicos elaborados e editados polo seu Servizo de Normalización Lingüística. Neste enderezo pódense consultar e descargar.

http://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/biblio-term.html A Área de Terminoloxía da USC ofrece unha listaxe de dicionarios, vocabularios e glosarios terminolóxicos clasificados por temas. Non todos os traballos que recolle teñen soporte electrónico.

http://www.ceg.es/ A Confederación de Empresarios de Galicia presta asesoramento lingüístico cunha selección de recursos para o mundo empresarial; pódense atopar na rede para consultalos en liña ou en formato electrónico, segundo os casos.

http://www.cirp.es/rec2/cfg.html Cadernos de Fraseoloxía Galega, do Centro Ramón Piñeiro, é unha revista de investigación fraseolóxica e forma parte dun proxecto social de normalización da lingua propia de Galicia. Os números publicados poden baixarse en formato PDF neste enderezo.