Os Axóuxeres

cartel_os_axouxeres_2015

Os Axóuxeres chegan a Moaña o sábado 10 de outubro ás 12.00 h no auditorio Daniel Castelao, en Quintela, da man da compañía de teatro Elefante Elegante.

Para máis información, preme aquí.

lineavermella

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Os Axóuxeres

Migallas Teatro

entrada_merenda_con_pan_de_millo

Merenda con pan de millo é un espectáculo de pequeno formato baseado no libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka. Nel combínanse cancións e narración oral co proceso da elaboración do pan de millo como fío condutor.

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos.

O venres 18 de setembro ás 18.00 h. na Biblioteca Municipal de Moaña (Quintela).

*Entrada libre ata completar aforo.

lineavermella

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Migallas Teatro

Suxestións para o verán

Cabeceira-do-ali

Alí é un portal de recursos en galego para a educación infantil.

Aínda que está creado como ferramenta de apoio para o persoal das escolas infantís, pode resultar de interese para as persoas que queiran gozar do lecer no verán coas cativas e cos cativos da casa.

Enrédate cos recursos para ler, escoitar, ver e xogar!

lineavermella

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Suxestións para o verán

VI Canto xogo!

  • A miña primeira viaxeXarope Tulú tráenos a Moaña esta obra de teatro infantil.
  • Para nenas e nenos de 3 a 10 anos.
  • O venres 12 de xuño, ás 18.00 h., no auditorio de Quintela.

lineavermellaMariopensaba_galego_moaña (1)

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en VI Canto xogo!

VI Canto xogo!

Unha hora de xogos e cancións
Para nenas e nenos de 3 a 10 anos
Ás 18.00 h na parte alta da praza de abastos
 

Xoves 30 de abril de 2015: Paco Nogueiras tráenos o espectáculo a Moaña Brinca Vai! De aquí a acolá, baseado no libro-cd-dvd, editado por Kalandraka Editora, no que combina cancións, animación e interpretación cos ritmos e rexistros máis actuais e divertidos.

Vide a acompañar ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos nunha divertida viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía e os respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pásalo ben cos amigos e amigas nun particular camino onde a música soa con forma de sorriso.

lineavermella

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en VI Canto xogo!

Dobraxe na escola

Dobraxe na escola

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Moaña, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza a actividade lúdico educativa Dobraxe na escola que ten como finalidade achegarlle ao alumnado de varios centros escolares o mundo da dobraxe e contribuír a mellorar a súa competencia oral en lingua galega.

Para máis, información, preme nesta ligazón.

lineavermella

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Dobraxe na escola

Preposta de regalos en galego

Agasallo.eu é unha plataforma dixital que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego de todo tipo, para todas as idades e para todo tipo de acontecementos e épocas do ano.

Un disco, un xogo, unha camisola, un libro, unha cea, unha entrada a un concerto, un licor ou viño, unha subscrición, un dvd, unha fin de semana de turismo rural… En galego tes unha chea de opcións para elixir regalos, e a plataforma Agasallo.eu ten o obxectivo de propolas, difundilas e facer que a xente as coñeza e as teña sempre en conta.

Este proxecto está desenvolvido pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), colabora economicamente a Xunta de Galicia e axuda dándolle difusión outras entidades, como a Asociación Galega de Editores (AGE) ou Abertos ao Galego, da Mesa pola Normalización Lingüística.

 

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado , , , , , , | Comentarios desactivados en Preposta de regalos en galego

Gústame…

 …que o alumnado e o persoal docente e non docente do  IES As Barxas participen na camaña Gústame o galego o vindeiro luns 5 de maio durante a xornada lectiva.

Así comeza o mes das letras galegas para uns 200 rapaces e repazas de ESO e 1º de Bacharelato, que pasarán para fotografarse diante do photocall instalado no corredor do centro. Para iso, poderán elixir entre os 30 lemas que compoñen a campaña e amosar o seu apoio ao proceso de normalización lingüística. Cada persoa que participe recibirá de agasallo unha chapa de Gústame o galego…

A Adrián, Sofía, Lucía, Elena, Gabriela, Violeta, Paula e Cristian gústalles que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño, na edición do ano pasado no IES A Paralaia.

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Gústame…