OBXECTIVOS E FUNCIÓNS

 

Obxectivos e funcións

O Concello de Moaña conta cun Servizo de Normalización Lingüística (SNL) desde o 24/05/1988 e está funcionando con regularidade desde esa data co obxectivo de incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua na entidade local e en todos os ámbitos do termo municipal.

As funcións do SNL son:

I) Internas:

a) Asesorar ao goberno en relación coa promoción da lingua galega nos seguintes aspectos:

  • Estabelecer a lingua de traballo e de comunicación do persoal do Concello e dos organismos que del dependen.  
  • Estabelecer as normas básicas do uso do galego para terceiros (empresas que traballan para o Concello, asociacións municipais…).
  • Estabelecer criterios xerais nas probas e procesos selectivos para avaliar os coñecementos lingüísticos das persoas que aspiran ás prazas.  
  • Colaborar coa administración para determinar os perfís lingüísticos de cada posto de traballo.

b) Co obxectivo de mellorar a calidade lingüística e comunicativa do Concello, o SNL traballa para:

  • Asesorar, corrixir e resolver dúbidas lingüísticas dos departamentos e servizos da institución na elaboración edifusión de documentación administrativa.
  • Difundir e harmonizar os criterios lingüísticos dos textos xerados por esta administración.
  • Estabelecer criterios xerais de estilo.
  • Deseñar documentación formal.
  • Sensibilizar no uso dunha linguaxe non sexista.
  • Difundir e facer respectar a toponimia oficial na sinaléctica, bandos, correspondencia…
  • Difundir as ferramentas lingüísticas existentes (materiais e recursos da rede: dicionarios, léxicos, modelos de documentos…; instalación e manexo de correctores ortográficos…).
  • Elaborar e editar materiais de apoio específicos.

II) Dinamización lingüística:

  • Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade.
  • Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores sociais representativos.
  • Planificar e propoñer programas dinamizadores e actividades que conciencie a sociedade respecto ao uso da lingua galega.
  • Promover e coordinar redes de traballo para fomentar o uso do galego no tecido asociativo, educativo e empresarial no ámbito local.

III) Formación (socio)lingüística:

  • Planificar, xestionar, coordinar e difundir cursos de capacitación lingüística do persoal municipal atendendo ás carencias detectadas.
  • Difundir a realización de cursos de lingua galega xerais e específicos.
  • Difundir entre a cidadanía materiais para promover a extensión do uso do galego: recursos lingüísticos, dereitos lingüísticos, lexislación…
  • Colaborar no deseño de programas de formación non lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorábeis á mellora de actitudes lingüísticas.

Da Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Moaña (25/01/05) despréndese que o galego é a lingua principal de traballo e de comunicación tanto nas relacións internas como coa cidadanía.