Os Axóuxeres 2015

cartel_os_axouxeres_2015

Os Axóuxeres chegan a Moaña o sábado 10 de outubro ás 12.00 h no auditorio Daniel Castelao, en Quintela, da man da compañía de teatro Elefante Elegante.

Os Axóuxeres son o encontro da xente miúda da casa coas artes escénicas, co teatro, coa música en directo… cos primeiros xogos e coas primeiras cancións en galego… coa lingua de noso.

Cada Encontro dos Axóuxeres, de aproximadamente 40 minutos de duración, foi creado para ofrecerlles aos bebés, ás nenas e aos nenos de 0 a 6 anos un espazo onde gozar e abrirse ao descubrimento do mundo en galego.

Reserva previa

Para participar hai que inscribirse previamente. O prazo para incribirse ábrese desde o luns 5 ata o venres 9 no horario de 10:00 a 13:00 horas no teléfono 697 363 089.

A entrada para os Encontros dos Axóuxeres é de balde con reserva previa ata completar a capacidade.

O peixiño de Mariña

Unha aventura teatral, musical e lúdica na que a xente miúda se mergullará na profundidade do mar para achegarse a valores como a ecoloxía ou a amizade. Unha experiencia sensorial e lingüística coa que aprender e levar para a casa divertidas cancións, adiviñas e xogos.

 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña colabora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística nesta nova nova edición do seu programa de dinamización lingüística para familias con bebés e nenos/as de 0 a 6 anos. Trátase dunha iniciativa de promoción da transmisión interxeracional da lingua galega que, por medio da música, do xogo e das palabras, busca favorecer a incorporación do idioma nas familias novas e ofrecerlles unha proposta de lecer en galego na que se inclúen novos materiais e propostas que permitirán darlle continuidade á actividade no fogar.

lineavermella