Rapazada

Organizar actividades dirixidas á transmisión interxeracional do galego é unha das prioridades do traballo que desde o Concello de Moaña se está a desenvolver da man do Servizo de Normalización Lingüística. 

Para iso, deseñamos e desenvolvemos distintas acción encamiñandas ás xeracións máis novas co obxectivo de ofrecerlles novos contextos sociais de uso, fóra das aulas e do entorno familiar. 

Nesta sección atoparás as actividades que cada ano organizamos para nenos e nenas de entre 0 a 12 anos aproximadamente. Tratamos de garantir que haxa unha oferta ampla en galego de produtos da nosa cultura para os momentos de ocio e lecer da infancia.