Festival polo día de Rosalía

Neste concerto Xardín Desordenado vai interpretar cancións compostas sobre textos de Rosalía de Castro e cancións sobre textos doutras 6 poetas galegas de distintas xeracións: Olga Novo, Yolanda Castaño, Lucía Aldao, Luisa Castro, Carmen Kruckenberg e Cristal Méndez Queizán.

Con Frecuencia, Rosalía de Castro preséntase como una figura afastada do resto da literatura galega. Trátase de integrala con outros textos actuais, para promover un achegamento máis doado da xente nova. Ao tempo, quedan en evidencia as diferenzas sociais entre un país de fai 150 anos, relatado por Rosalía a finais do século XIX e un país do século XX e principios do XXI, descrito polo resto das autoras.

O repertorio de “Rosalía entre outras”:

  • Aprendendo a ladrar (Olga Novo)
  • A viúva (Rosalía Castro)
  • Tanto de tanto (Carmen Kruckenberg)
  • Ansias de Xacinto (Rosalía Castro)
  • Timbraba (Lucía Aldao)
  • Meniña Gaiteira (Rosalía Castro)
  • Rapaza buena (Luisa Castro, “Baleas e Baleas”)
  • Eu cantar cantei (Rosalía Castro)
  • On the road (Cristal Méndez Quizán: “The way to Neverland”)
  • Nana (Rosalía Castro)
  • O Torrente Feminino (Marta Dacosta)
  • Rosa (Rosalía Castro)
    Xardín Desordenado
    Fai sete anos, un grupo de músicos reuníronse nunha bufarda de Tirán, O Igrexario (Moaña), para musicar a poetas de Galicia. Aínda que de distintas procedencias musicais e mesmo xeracionais, todos eles tiveran contactos co jazz, que aparece como fondo de moitos dos seus arranxos. As súas composicións van desde o blues e o swing ata o bolero e a bossa nova.