Economía

Na programación de dinamización lingüística procuramos desenvolver actividades que teñan por finalidade incidir desde o ámbito local en áreas como a economía. Para isto, tratamos de implicar de xeito progresivo a todos os sectores relacionados: comercio, hostalaría, turismo…

As accións dirixidas a esta área teñen como obxectivos:

  • Crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións laborais e comerciais.
  • Estender o uso do galego nas relacións laborais, comerciais e empresariais.
  • Colaborar con organizacións comerciais e empresariais que conciencien ao seu persoal en favor do uso do galego que redunde na sociedade.
  • Promover a oferta positiva de atender a clientela en galego como práctica comercial habitual.