Cursos de galego

Curso de galego Celga 3 en Moaña

CELGA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no DOG núm. 47, do mércores 8 de marzo, a convocatoria para inscribirse nos cursos  de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Como novidades, temos que un dos Celga 3 se vai realizar en Moaña, no IES A Paralaia, do 18.4.2017 ao 7.6.2017 de luns a venres das 19.00 ás 21.00 h.

Ata o 28 de marzo está aberto o prazo de inscrición.

O Celga 1 é de teleformación. As prersoas interesadas deberán achegar, coa solicitude, a documentación indicada na convocatoria específica publicada na páxina web http://www.lingua.gal dentro do prazo de matrícula que vai do 9 ao 23 de marzo de 2017 ambos os dous incluídos.

Pódese consultar toda a información na páxina web http://www.lingua.gal ou no DOG arriba sinalado.

lineavermella

Cursos de galego nas escolas oficiais de idiomas

CELGA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no DOG do 19 de agosto a convotaria para inscribirse nos cursos preparatorios para os Celga e os cursos de linguaxe administrativa de nivel medio e superior que se van desenvolver nas escolas oficiais de idiomas.

Nestes momentos está aberto o seguinte prazo de inscrición :

– Do 12 de decembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2017 para os cursos que se van impartir entre febreiro e maio de 2017.

Para máis información, preme aquí.

lineavermella

CELGA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B). Para acceder á Resolución do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, preme aquí

Prazo de inscrición: ata o 17/07/2016.

lineavermella

 Curso superior de linguaxe administrativa galega

No Diario Oficial de Galicia do mércores 1 de xuño de 2016 aparece publicada a Resolución do 23 de maio de 2016 pola que se convocan, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cinco cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega para persoal ao servizo de distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia.

Destinatarios/as:

Esta convocatoria está dirixida a distintos tipos de participantes, entre eles/as: empregados públicos e empregadas públicas ao servizo das entidades locais.

Prazos para inscribirse:

  • Dez (10) días naturais contados a partir do día 2 de xuño de 2016.
Lugar de inscrición:

O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/matricula.

 

Cursos de galego nas escolas oficiais de idiomas

No Diario Oficial de Galicia do 13 de agosto de 2015 aparece publicada a Orde do 3 de agosto de 2015 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia do 20 de novembro de 2015 aparece publicada a CORRECCIÓN de erros da orde anterior. Modifica, entre outros, o calendario e a oferta de Celgas na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra.

Destinatarias/os:

Os cursos de linguaxe administrativa van dirixidos ao persoal das administracións públicas de Galicia, excepto o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario. Tamén poden solicitalos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregadas públicas e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes para acceder ao curso que soliciten. Neste suposto só poderán optar ás prazas no caso de que non sexan cubertas por empregados/as públicos/as.

Nos Celga pódense anotar as persoas maiores de dezaseis anos ou que os cumpran antes de finais deste ano.

Prazos para inscribirse:

  • Desde o 14 de decembro de 2015 ata o 4 de xaneiro de 2016 para os cursos que comezarán en febreiro de 2016.

Lugar de inscrición:

As solicitudes presentaranse na Secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, utilizando o formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es. Os centros tamén disponen dos modelos de solicitude.

lineavermella

Cursos de galego: Celga

No Diario  Oficial de Galicia do 21 de agosto de 2015 aparece publicada a Resolución do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Destinatarias/os:

Poden solicitalos todas as persaos maiores de dezaseis anos ou aquelas que os cumpran neste ano.

Prazo para inscribirse:

Desde o 22 de agosto ata o 8 de setembro de 2015.

Lugar de inscrición:

As solicitudes, segundo o modelo do anexo I, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web http://www.xunta.es/linguagalega, que permite cubrir e ditar a solicitude.

lineavermella