FORMACIÓN

Certificado de lingua galega

(CELGA)


Descrición xeral de cada nivel:

Celga 1: ten por obxectivo posuír un dominio da lingua xeral que nos permita satisfacer as necesidades máis básicas de comunicación:

  • Comprender frases e expresión de uso frecuente.
  • Expresarnos en termos sinxelos para levar a cabo tarefas cotiás para desenvolvernos en contextos próximos e familiares.

Celga 2: ten por obxectivo posuír un dominio da lingua que nos permita participar con relativa seguridade e eficacia en distintas situacións de comunicación cotiá, do traballo e do estudo, para manexarnos en situacións previsíbeis.

Celga 3: ten por obxectivo posuír un dominio da lingua que nos permita intervir nun contexto variado de situacións de comunicación e ter a capacidade para usar a lingua, tanto de maneira oral como escrita,  en situacións menos previsíbeis. (Este nivel ten a mesma validez que o curso de iniciación).

Celga 4:  ten por obxectivo ser capaz de comprender unha ampla variedade de textos orais e escritos extensos e cun alto nivel de dificultade. Poderemos expresarnos de forma bastante fluída e espontánea en distintos contextos comunicativos sen ter moita dificultade para encontrar as expresións axeitadas en cada contexto. Seremos quen de escribir sen problema sobre temas de certa complexidade e para distintos fins. (Este nivel ten a mesma validez que o curso de perfeccionamento).