Campaña de promoción da lingua galega no comercio

Desde o luns 22 de abril ata o sábado 4 de maio,

merca nos COMERCIOS COLABORADORES

Recibirás unha tarxeta de parabéns para obsequiar a quen máis queres


 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Moaña e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES A Paralaia promoven esta actividade para conmemorar o Día de Nai no comercio moañés e promocionar o uso da nosa lingua neste sector.

Ler mais…

 

 

Na categoría Sen clasificar | Leave a comment

OBRADOIRO DE CANTOS DE NADAL

Os músicos Pablo Díaz e Olga Kirk van impartir este obradoiro de cantos de Nadal no Concello de Moaña o mércores 2 de xaneiro de 2013, ás 18.00 h, na praza de abastos.

Este obradoiro está pensado para o público familiar e pretende difundir cancións en galego propias destas festas do Nadal para que as celebremos na nosa lingua; ademais, está pensado para recuper a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas e polos vieiros e rúas da vila.

Nesta actividade da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia colabora o Concello de Moaña a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.

Na categoría Sen clasificar | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , | Leave a comment

 

Canto xogo!

Obradoiros de xogos e música tradicional

Unha hora de xogos e cancións

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos

Ás 18.00 h na parte alta da praza de abastos

Venres 14 de decembro: Pesdelán, grupo musical que xorde da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilia, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai etc.).

Este obradoiro esta pensado para o publico familiar. Unha oportunidade única para que pais, nais, avós, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido.

As pezas que van bailar son parte do libro CD / DVD Na Punta do Pé, do grupo Pesdelán e foron recollidas en distintas zonas da xeografía galega e portuguesa.

No obradoiro de Pesdelán participan: Patricia López (voz e percusións), Montse Rivera (voz e ensino de danzas), Santi Cribeiro (acordeón) e Carlos Freire (percusión).

Máis información…

 

Na categoría Sen clasificar | Coas etiquetas , , , , , | 3 Comentarios